Ciclocross – Campeonatos de Galicia 2012 – 2013

 

FOTOS DE LUZ IGLESIAS

Ciclocross - Campeonatos de Galicia 2012 - 2013

Ciclocross - Campeonatos de Galicia 2012 - 2013

A Federación Galega de Ciclismo celebrou en Moaña o Canpeonato de Galicia de Ciclocross para todas as categorías baixo a organización da Asociación Deportiva Punta Fondón, co patrocinio do Concello e a Comunidade de Montes de Moaña, nun marco de enorme beleza e sobre un trazado espectacular dende o punto de vista deportivo que foi seguido por numerosos afeccionados ao ciclismo. O circuíto, complicado para a mecánica da bicicleta e esixente para o deportista, foi determinante nos resultados dalgunhas categorías. A proba reina, Elite e Sub 23, tivo alternancias nos postos de medalla condicionadas polas avarías que tamén contribuíron a darlle un punto de maior emoción ao que xa poñía a loita deportiva. Con Mauro González (C.C. Salvaterra), que saía decidido a polo ouro, e Óscar Vázquez e Jaime Juncal, ambos os dous do Aquagest, que loitaría por evitalo. Non obstante unha primeira avaría de Mauro relegáballe a posicións traseiras e obrigábanlle a un sobreesforzo para recuperar o terreo perdido, tomando a iniciativa o seu irmán e compañeiro de equipo, Paulo (Sub 23). A pouco para o final Óscar Vázquez rompe o cambio da súa bicicleta cando xa saboreaba os meles do ouro, e ao estar moi lonxe do control mecánico optou por retirarse cun enfado monumental. Paulo tamén sufriu a súa picada en roda dianteira e aínda que foi unha avaría menor, si se levou un bo susto ao ver como os seus rivais, tanto Juncal coma Mauro, se aproximaban e aínda que non influiría na súa categoría. sí polo menos poñía en perigo o triunfo absoluto. Afortunadamente refíxose e puido entrar en solitario por diante de Mauro que se faría co título en elite, con Juncal en prata e Macías(C.C. Cambre) en terceira posición. O resto de categorías non presentaron excesivas sorpresas, salvo o traballado triunfo de Irene Trabazo en féminas cadete ante unha Desirée Duarte que tamén sufriu unha avaría cando o ouro estaba próximo. Os outros vencedores foron Soto (Ponteareas) en cadetes masculino, Claudia Araujo (C.C. Coruxo) e Portela (C.C.O Rosal ) en júnior, Isabel Castro (Aquagest) en Féminas Elite, Valverde (C.C. Spol) en Sénior, José Rodríguez ( C.C. Spol) en M-30, Lago (C.C. Spol) en M-40 e González Ojea (Aquagest) en M-50.

 

info de http://www.fgalegaciclismo.es

Ciclocross - Campeonatos de Galicia 2012 - 2013

Ciclocross - Campeonatos de Galicia 2012 - 2013

 

 

 

 

Jorge ValwindCycles (450 Posts)

IL Capo y alma mater de ValwindCycles, es el encargado de que estés contento con lo que hayas comprado y lo disfrutes al máximo, que practiques tu deporte con la mayor seguridad, la mejor comodidad y que tu mente solo se centre en sudar, en superarte, en ese dolor placentero… en hacer que tus sueños, tus ideas y anhelos te mantengan vivo.


Deja tu comentario...

Deja tu comentario...